Esta é unha plataforma articulada en contra da mercantilización do ensino público de este país.

domingo, 23 de junio de 2013

OS SOCIALISTAS APOIAN AS DEMANDAS DA CARTA POLA CIENCIA COA SÚA PRESENCIA NA CONCENTRACIÓN DO OBRADOIRO


Os portavoces de Educación no Parlamento de Galicia e no Congreso, Vicente Docasar e Guillermo Meijón encabezaron a delegación do PSdeG que respondeu á convocatoria dos investigadores, os reitores e os sindicatos


Os parlamentarios socialistas plasman nas súas iniciativas a demanda deste colectivo para frear a fuxida de talentos que está a provocar a política en I+D+i do Goberno de Rajoy e que fixo retroceder a investigación máis dunha década


Esixen medidas correctoras na Xunta que trata con desleixo a marcha ao estranxeiro da xeración máis preparada. Ponse en risco o investimento realizado na mocidade, debilítase a capacidade de crecemento e non hai espectativas de que retornen





Santiago, 14 de xuñ. de 13. O parlamentario socialista, Vicente Docasar, mailo deputado Guillermo Meijón encabezaron a delegación dos socialistas galegos presentes na concentración de este mediodía na Praza do Obradoiro convocada pola Carta pola Ciencia para salvar a investigación.


   O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, reafirmou a coincidencia do seu partido co colectivo formado por Federacións e Asociacións de Investigadores, a Conferencia de Reitores e centrais sindicais asinantes deste documento, que esixe maior coherencia ao Executivo na política de recursos humanos para atraer e reter talento en España.



   Salientou a presión, a través de iniciativas parlamentarias, que o seu grupo está a realizar no Parlamento de Galicia. A última, unha pregunta no pleno do pasado mércores, na que Docasar reprochou á titular de Traballo o desleixo da súa consellería cara a mocidade mellor preparada, e reclamou a Feijóo medidas para evitar a fuga de cerebros cara o estranxeiro “que, polo perfil desta emigración, debilita as nosas capacidades de crecemento e é moi difícil de lograr o seu retorno”.


   O deputado Guillermo Meijón recordou que, desde 2009, o Goberno ten reducido o presuposto en I+D+i en máis do 40%. Esixiu a eliminación da restrición ao 10% de reposición de emprego público no sector de I+D. Sinalou que os socialistas están a reclamar investimentos que permitan que chegar ao 2% do PIB no período 2013-2016.



   Salientou que o CSIC perdeu 1.200 traballadores, cantidade que se repetirá no presente ano. Censurou ao Goberno de Rajoy que estea a provocar un “colapso” para o acceso ao centro e pola falta de convocatorias e a decisión de non repoñer as baixas por xubilación. Lamentou que “existen abandonos por falta de motivación”.



   Meijón criticou o anuncio do ministro Wert de destinar nas vindeiras semanas unha partida para mellorar a viabilidade do CSIC, porque “chega tarde e, desde logo, non vai salvar o sistema de investigación español”.



   Criticou que o sistema de investigación atópase “ao mesmo nivel que hai 12 anos” e advertiu que esta perda de xeracións investigadores non se recuperará en décadas.




Saúdos. Comunicación PSdeG-PSOE

No hay comentarios:

Publicar un comentario