Esta é unha plataforma articulada en contra da mercantilización do ensino público de este país.

martes, 5 de noviembre de 2013

O Goberno de Rajoy négalle apoio a miles de estudantes Erasmus Gran malestar nas universidades e colectivos de estudantes ante a falta de apoio do goberno de Rajoi a este alumnado

   



   O estudantado que se acha no actual curso en universidades  de outros países dentro do programa Erasmus, unhas 1500 persoas de universidades galegas, acaban de sentir nas súas carnes como o goberno de España, 2 meses despois de terse iniciado o curso, retíralle a axuda complementaria que, dende anos atrás, viñan recibindo aquelas persoas estudantes que non tiveran unha beca xeral  no curso anterior.

   O goberno de Rajoi tomou esta medida mediante a publicación dunha disposición legal ao efecto (orde ministerial) no Boletín Oficial do Estado do pasado 29 de outubro. Fixo isto sen previo aviso e de xeito sorpresivo. Foi o propio estudantado quen, informado desta medida, deu aviso aos medios de comunicación españois e doutros países, que se fixeron eco da noticia de xeito inmediato. A cousa non é para menos. Porque, por moito que se empeñe o goberno de Rajoi en concederlle un escaso valor á educación, esta é cousa de todos, aféctanos a todos e dos seus resultados dependemos tódalas persoas máis alá de fronteiras e países. A medida tomada polo ministerio pensó que debe calificarse de miserable.

   Agora, probablemente a metade do estudantado Erasmus, verase prexudicado pola medida ata o punto de que moitas persoas poderán verse obrigadas a presentar a súa renuncia ao programa e regresaren á súa respectiva universidade. A estas alturas do curso, xa pasada máis de primeira metade do cuadrimestre, acábanse de enterar de que se quedarán sen un 50% da axuda que contaban recibiren para manterse neste magnífico programa europeo. A orde publicada, sen dúbida, resulta equivocada, inoportuna e pensó que destructiva en tódolos sentidos.

   Dende logo trátase dun feito inaudito. Un goberno dun país pertencente á Unión Europea, esquecendo (ignorando) os máis elementais principios e sentidos da educación no mundo actual, aproveite ao Ministerio de Educación para, unha vez máis, desviar recursos, que por outra parte como axuda son ben escasos, a diferentes partidas orzamentarias que xa nos gostaría saber cales son.


Ourense, a 5 de novembro de 2013


Camilo Ocampo

No hay comentarios:

Publicar un comentario