Esta é unha plataforma articulada en contra da mercantilización do ensino público de este país.

miércoles, 1 de enero de 2014

O Nadal: ocasión de potencial pedagóxico no concello de Piñor


Para o grupo sectorial provincial de educación do PSdeG-PSOE de Ourense constitúe unha satisfacción e un orgullo saber que no concello de Piñor (con goberno socialista) celébrase anualmente un concurso de postais navideñas no que a ganadora é a utilizada polo alcalde para felicitar as Festas de Nadal aos veciños e veciñas, autoridades provinciais e autonómicas e persoas doutros concellos.

Polos numerosos participantes e resultados pódese decir que o concurso resulta un éxito completo. E dende logo constitúe un bo exemplo de que nun concello no que o seu rexedor teña interese polo desenvolvemento das persoas e do pobo, pódense aproveitar moitas ocasións para realizar actividades de educación non formal con valor expresivo-artístico e lingüístico, coñecemento da tradición e a historia, festivo e desenvolvemento sociocomunitario.

Alcalde, concellais, concellalas e persoas veciñas do concello, especialmente as participantes, reciban os nosos parabéns por este concurso tan sociopedagóxico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario