Esta é unha plataforma articulada en contra da mercantilización do ensino público de este país.

jueves, 13 de marzo de 2014

A LOMCE (nova lei de educación) no Parlamento deGalicia





O portavoz socialista de educación pide que non se modifiquen os libros de texto para o 2014-2015

Recentemente tivo lugar un debate no pleno do Parlamento de Galicia sobre Lei Orgánica de Mellora da Calidade da Educación (LOMCE) aprobada fai uns meses polas cámaras lexislativa de Madrid co único voto do Partido Popular.
Pois ben, no citado debate os grupos de oposición ao PP tentaron sen éxito que se aprobase a interposición dun recurso de inconstitucionalidade polo Parlamento de Galicia.

No citado debate, o parlamentario do PSdeG, Vicente Docasar, criticou as orixes da citada lei, da que dixo que naceu carente de consenso e coa opinión desfavorable de expertos. Asemade insistiu unha vez máis en que o PSOE vaina derrogar nada máis voltar ao goberno de España. Tamén deixou claro que de momento o PSdeG vaise unir aos outros grupos políticos de Galicia para formular o correspondente recurso de inconstitucionalidade en Madrid.

O voceiro socialista rematou a súa intervención cunha petición ao conselleiro de cultura, educación e ordenación universitaria que ten unha grande importancia para as nais e pais de alumnos: que non se modifiquen os libros de texto o vindeiro curso, xa que os bolsillos das familias non se achan en condicións de asumiren o seu custo.

O modelo de escola do PP é moi distinto do socialista e o profesor e parlamentario Docasar aproveita cada ocasión que se lle brinda para poñer en negro sobre blanco as diferencias. O modelo do PP non ten nada que ver coa escola pública, laica, gratuita, de calidade e coeducadora na que rexen os principios da igualdade e total respecto á diversidade que defendemos dende  o socialismo.

Por iso, o grupo sectorial provincial do PSdeG en Ourense, quere felicitar e animar a Vicente Docasar por o acertado que, unha vez máis, estivo na súa intervención. E sobre todo por formular no pleno e ante o conselleiro de educación o problema candente que afecta e preocupa tremendamente as nais e pais do noso alumnado: o do cambio inminente dos libros de texto. Non podemos deixar que a escola pública se alonxe, como quere a LOMCE, do principio da igualdade.


Camilo Ocampo

Coordinador do grupo sectorial de educación do PSdeG de Ourense

No hay comentarios:

Publicar un comentario