Esta é unha plataforma articulada en contra da mercantilización do ensino público de este país.

miércoles, 10 de septiembre de 2014

O comezo novo 2014-2015: un heptágono irregular

I)

No sistema universitario de Galicia estamos comezando o curso académico nesta primeira semana de setembro con incógnitas de todo tipo. 

II)

En educación infantil e primaria o curso iníciase coa nova lei (LOMCE) aplicándose xa, sen orzamento e apenas desenvolvemento legal algún.

III)

Este ano son algo máis de 200.000 nenos en idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (infantil e primaria) que iniciarán o novo curso o vindeiro mércores día 10.

IV)

O alumnado de secundaria obrigatoria e postobrigatoria incorporase aos institutos e colexios a partir do vindeiro 15 deste mes.

V)

O número de docentes previstos para o sector público e similar ao do curso pasado, pero 1600 profesores de ensino obrigatorio incorporaranse aos seus destinos pendentes de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirme ou non unha sentenza xudicial que anula a irregular forma de levarse a cabo este concurso de traslados no que obtiveron destino.

VI)

No que atinxe a ensinanza en centros privados, a Xunta de Galicia restableceulle os concertos aos colexios que discriminan por sexo e que, debido precisamente a isto, fóranlle anulados por sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.    

VII)

Os Reis de España inaugurarán o curso 2014-2015 no Colexio de Educación Infantil e Primaria Ben-Cho-Shei de Pereiro de Aguiar. O feito causou unha grande sorpresa. Será o nome do centro (o dun profesor, inspector e escritor republicano de grande prestixio) o feito que a produce?

Camilo Isaac Ocampo Gómez
Coordinador do grupo sectorial provincial de educación do PSdeG-PSOE de Ourense 

No hay comentarios:

Publicar un comentario