Esta é unha plataforma articulada en contra da mercantilización do ensino público de este país.

domingo, 14 de septiembre de 2014

Os socialistas demandan á Xunta do PP que “xa que falan de recuperación, devolvan as condicións laborais que tiña antes de 2009 o profesorado galego”

“A Lomce é unha lei sectaria e de partido que ten por conseguinte data de caducidade, novembro de 2015, como dixo o pasado venres Pedro Sánchez” (Vicente Docasar)
“Hai cinco anos, o gasto en educación por habitante en Galicia era de 860 euros, mentres que en 2014 pasou a ser de 670 euros” (Vicente Docasar)
O portavoz de Educación dos socialistas galegos no Parlamento, Vicente Docasar, demandoulle hoxe no pleno ao conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, medidas para que “o profesorado, que perdeu un 30% do poder adquisitivo no últimos anos e volveu aos niveis dos anos noventa, recupere de maneira progresiva as súas condicións laborais e profesionais”.

Nunha interpelación ao conselleiro, solicitou tamén que sexan recuperadas as plantillas docentes existentes nos centros educativos, e que a Xunta poña en marcha un plan plurianual para mellorar as instalacións e para proceder á reposición dos equipamentos didácticos.

“O grupo socialista quere defender hoxe aquí aos miles de profesores e profesoras que nos últimos tempos viron como se lles arrebataban dereitos conseguidos co  esforzo de moitos anos, que viron como se aumentaba o seu horario laboral e  o número de alumnos por aula, ao mesmo tempo que se baixaban os seus salarios”, asegurou Docasar.

O portavoz de Educación do PSdeG apuntou que “agora, para rematar a faena, vénselles de impoñer unha nova lei educativa, a Lomce, cun calendario de implantación caótico e trapalleiro, e sen o máis mínimo consenso coa comunidade educativa”. “Unha nova lei sectaria e de partido que ten por conseguinte clara data de caducidade, novembro de 2015, como dixo o pasado venres en Madrid o secretario xeral do Partido Socialista, Pedro Sánchez”, aseverou.

Na súa intervención, Docasar lembrou que “en agosto de 2013 xubiláronse en Galicia 1.030 docentes e en poucos días espero saber cantos se xubilaron a data de 31 de agosto de 2014, pero imaxino que as cifras serán espectaculares”. 

Ademais, en 2009 o gasto en educación por habitante en Galicia era de 860 euros, mentres que en 2014 pasou a ser de  de 670 euros

“En definitiva, señor Vázquez, toda unha serie de circunstancias que deben empezar a mudar se a crise económica pasou, a recuperación xa está aquí, chegou para quedarse e ten raíces tan vigorosas, tal e como nos contan un día si e outro tamén Rajoy, Montoro e Feijóo”, rematou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario