Esta é unha plataforma articulada en contra da mercantilización do ensino público de este país.

miércoles, 4 de febrero de 2015

Con respecto ao decreto aprobado no derradeiro Consello de Ministros sobre ordenación de estudos universitarios (binomio 3+2) ... sabedes que O ministro Wert proclamou que con esta disposición producirase un abaratemento dos estudos universitarios? 

Mais… iso é así? 

Vexamos:

1. Actualmente, se aos 4 anos de estudos que teñen os graos se lle suma un ano máis dun mestrado (máster) de quen desexe facelo, a matrícula  por término medio é de 10.500 euros.
2. Coa nova disposición legal, se aos 3 anos dun grao se lle suman os 2 que han ter os mestrados a matrícula seguramente se aproximará a uns 14.000 euros.
3. Diminuir 1 ano de formación no grao comportará maior necesidade de cursar mestrados, o que evidencia o encarecemento ao que imos.
4. As becas diminúen cada ano que pasa e os créditos a estudantes aumentan…

Non indicará isto que o PP sigue no seu empeño de converter a educación nun negocio para algunhas persoas e empresas? 

O PSOE manifestase, pois, contrario a este intento de mercantilización da educación!

Camilo Ocampo Gómez

No hay comentarios:

Publicar un comentario