Esta é unha plataforma articulada en contra da mercantilización do ensino público de este país.

miércoles, 25 de febrero de 2015

O PSdeG-PSOE posiociónase sobre o decreto que modifica a estrutura do ensino universitario



O secretario de Educación do PSdeG-PSOE, Vicente Docasar, trasladou hoxe o respaldo dos socialistas galegos ás protestas do ensino en contra da reforma universitaria do PP e confirma a súa presenza nas concentracións convocadas pola Plataforma Estatal pola Escola Pública para mañá xoves.

Os socialistas galegos reclaman a retirada do Decreto 43/2015 que reforma a ordenación do ensino universitario oficial para impoñer 3 anos de grao e dous mais de máster. 

Ademais reclamamos unha comisión, no seo da Conferencia Xeral de Política Universitaria e do Consello de Estudantes Universitarios, que elabore un informe sobre aos efectos da reforma.

Esíximos asimesmo aos gobernos central e autonómico que atendan a petición da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas –CRUE- de paralización da contrarreforma universitaria”. Asimesmo que atendan as peticións feitas pola Plataforma Estatal pola Escola Pública.

Consideramos unha atrocidade a reforma da estrutura do ensino universitario sen terse feito un diagnóstico dos resultados da implantación dos graos do Plan Boloña.

Ourense, 25 de febreiro de 2015
Camilo Ocampo

No hay comentarios:

Publicar un comentario